Primeiro voluntariado do ano

28 Xaneiro 2015

 
Os voluntarios de Fragas do Mandeo estamos convocados para o próximo domingo día 1 de febreiro para traballar no monte que temos en Os Vellos (Ois, Coirós).

Aínda que os corzos non lles están facendo mal ós castiñeiros que plantamos o ano pasado, temos observado que andan a triscar nos carballos e castiñeiros que afillaron trala corta do monte. Imos poñerlles protectores para que poidan medrar sen problemas e, de paso, aproveitaremos para facer tarefas de mantemento.

Quedaremos diante do centro de saúde de Betanzos ás 9:30 horas para compartir vehículo e empezar a traballar no monte ás 10:00 horas. Remataremos a tempo para volver a casa a comer. Hai que levar roupa de abrigo, pois o prognóstico é de frío con pouca choiva. Fragas do Mandeo levará as ferramentas necesarias.

Se precisas de máis información, non deixes de preguntarnos (na sección Contacto tés tódolos datos necesarios).

Adiado até o día 8: O mal tempo aconsella retrasa-la convocatoria até o próximo domingo, para o que prognostican melloría.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).