Vente plantar carballos na Espenuca

18 Agosto 2015

 
O pasado martes iniciámo-la segunda fase da restauración ecolóxica dun dos montes que custodiamos na Espenuca, coa axuda dun grupo de voluntarios da Dirección Xeral de Voluntariado.

Foto dun voluntarioOs traballos da primeira fase consistiron en triturar toda a ramallada que quedara da corta dos eucaliptos, en rozar tódolos fillos e en dana-los cepos para secalos. Nesta segunda fase, os voluntarios retiraron paus dos camiños interiores, abriron un carreiro pola zona onde sobrevive unha pequena carballeira, instalaron un panel informativo e cravaron titores.

O próximo sábado imos xuntarnos de novo para terminar de crava-los titores e para planta-los carballos. Se queres participar, apúntate antes do venres enviándonos un correo electrónico cos teus datos (nome completo, DNI, data de nacemento e móbil) e farémosche un seguro de accidentes financiado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Na sección Contacto te-los datos necesarios.

Axudando este sábado, un día no miradoiro poderás dicir con orgullo ós que te acompañen: “Eses carballos planteinos eu”.

Punto de encontro: Centro de Saúde de Betanzos.
Data: Sábado, 22 de agosto de 2015.
Hora: Sairemos ás 9:30 e volveremos ás 14:00 horas.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).