Doazóns ben recompensadas

30 Xaneiro 2016

 
Logo da Axencia TributariaDurante o mes de xaneiro temos un traballo importante: informar á Axencia Tributaria das doazóns que recibímo-lo ano anterior. Xa cumprimos ese deber e deste xeito aparecerán automaticamente nos borradores da renda deste ano as deducións ás que teñen dereito os nosos doadores: poden recuperar até o 50 % da cantidade doada.

A partir deste ano as deducións aínda serán maiores. Por exemplo, no caso de nos doares 100 euros, recuperarás 75 euros na declaración da renda do próximo ano. Ou en outras palabras, con 25 euros fas que se protexa unha superficie de monte por valor de 100 euros.

Todas estas vantaxes están recollidas na Ley 49/2002 de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo. Nos artigos 19 e 20, e na disposición transitoria cuarta, establécense os topes, tramos, premios por fidelidade, deducións aplicables a empresas, etc.

Nela poderás comprobar que as doazóns de até 150 euros deducen o 75 %. Aquelas que superen esa cifra tamén se benefician desa porcentaxe no primeiro tramo de 150 euros, pero no resto aplícase o 30 %. No caso de que nos dous anos anteriores mantiveras doazóns iguais ou en incremento, a dedución nese segundo tramo será do 35 %. Para as empresas non hai tramos e a dedución no imposto de sociedades segue sendo do 35 %, pero nos casos de fidelidade aplícase o 40 %.

En todo caso, lembra que para beneficiarte destas vantaxes tes que facilitárno-los teus datos. Ante cal-quera dúbida, por favor, pregúntanos (na sección Contacto atoparás tódolos datos necesarios).


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).