A custodia fronte as especies exóticas invasoras

4 Febreiro 2016

 
Cartel do encontro da Rede Galega de SementesA Rede Galega de Sementes invitounos a dar unha charla sobre a custodia do territorio e as especies exóticas invasoras. Esta organización, que traballa pola recuperación das sementes tradicionais galegas e pola soberanía alimentaria, celebrará o seu terceiro encontro de troco de sementes en Betanzos o día 13 de febreiro, incluíndo o programa diversas actividades adicionais (mercado, obradoiro, debate, charla, monicreques, música…) espalladas ó longo de toda a xornada.

Os labradores, sexan profesionais ou de autoconsumo, teñen un papel moi importante que xogar fronte ó avance das especies exóticas invasoras. Moitas delas aféctanlles directamente, pois son pestes que danan os seus cultivos ou inzan as súas leiras. Pero tamén poden actuar como divulgadores e promotores de accións locais contra estas plantas e animais foráneos.

Fragas do Mandeo explicará na charla o concepto de custodia do territorio como instrumento para abordar diversos problemas ambientais, para logo expoñe-las campañas que está a realizar para frear o avance das especies exóticas invasoras que colonizan a nosa bisbarra.

Máis información na web da organización.

Lugar: Edificio do antigo Matadoiro, Betanzos.
Data: Sábado, 13 de febreiro de 2016.
Hora: 17:30.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).