Cambio de protectorado

19 Febreiro 2016

 
Logo do Diario Oficial de GaliciaO Diario Oficial de Galicia de hoxe, día 19 de febreiro, publica a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se modifica a adscrición de determinadas fundacións de interese galego e se ordena a súa adscrición ás consellerías competentes para o exercicio das funcións de protectorado.

Esta orde é consecuencia dos cambios na estrutura organizativa da Xunta de Galicia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pasa a denominarse Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Dela depende a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e tamén será a que exerza as funcións de protectorado das fundacións que teñen como fin a conservación do medio natural, como é o caso de Fragas do Mandeo.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).