Dous encontros, dúas colaboracións

12 Febreiro 2016

 
Logo da Rede Galega de Entidades de Custodia do TerritorioO pasado sábado día 6 celebrouse a asemblea da Rede Galega de Entidades de Custodia do Territorio, na que Fragas do Mandeo interveu como un dos seus membros fundadores. A Rede ten como obxectivo servir de plataforma na que intercambiar experiencias e representar ante a Administración ó conxunto das entidades galegas que practican a custodia do territorio, polo que Fragas do Mandeo non podía faltar a esa cita.

Logo do proxecto Glamurs Invitada polo Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, esta fin de semana Fragas do Mandeo participará nun obradoiro que terá lugar no Pazo de Mariñán.

Este grupo coruñés, que coordina a outras 10 universidade e institutos de investigación europeos, está desenvolvendo o proxecto Glamurs para analiza-los distintos factores que influencian os estilos de vida sostibles e as transformacións necesarias para chegar a unha economía verde. Este estudo ten como fin producir recomendacións sobre estratexias de gobernación para unha transición rápida da sociedade cara á sostenibilidade. O noso traballo captou a súa atención e queren contar coa nosa visión sobre a conservación da biodiversidade.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).