Primeira adquisición do ano

24 Xaneiro 2019

 
Fotografía do título de propiedadeHoxe pasamos pola notaría de D. Óscar Manuel López Doval en Betanzos para asina-la escritura de compravenda da primeira parcela que adquirimos este ano.

Con esta nova incorporación ampliamos a superficie da reserva do Ollo da Roda en 746 m2. Pode parecer pouca extensión, pero permítenos eliminar un eucaliptal nun tramo de río no que xa estamos custodiando varias parcelas contiguas. Deste xeito poderemos darlles ó bosque e ós prados de ribeira a continuidade que interrompía a masa de eucaliptos, entre os que tamén se mesturaba algunha robinia.

Rematados os traballos na reserva do Catorce, esperamos recupera-lo ritmo de compra de parcelas de alto interese ambiental en zonas onde o seu escaso rendemento forestal nos permita adquirilas a prezos económicos.

De novo temos que agradecerlles ós nosos doadores a súa xenerosidade. ¿Non te animas a ser un deles? Calquera achega será benvida.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).