Unha axuda da Deputación

26 Xuño 2020

 
Logo da Deputación da CoruñaA Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia o listado provisional de entidades sen ánimo de lucro que van beneficiarse este ano do seu programa de axudas para o desenvolvemento de actividades medioambientais. Fragas do Mandeo é un dos destinatarios, polo que as nosas actividades serán financiadas nun 80 % por este organismo até un máximo de 2.865,80 euros. Tal como figura no proxecto que presentamos, esta subvención estará destinada a sufraga-los seguros de voluntariado, traballos forestais, estacas para titores e funxibles varios.

Agradecemos á Deputación da Coruña o seu continuo apoio ás entidades que nos preocupamos pola conservación do patrimonio natural da provincia.

Post data: Esta resolución provisional foi confirmada no boletín do día 24 de xullo.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).