Sétimo voluntariado na praia da Abeleira

22 Agosto 2020

 
Como continuación dos traballos de eliminación de especies exóticas invasoras na praia da Abeleira (Paderne), concertamos para hoxe unha nova xornada de voluntariado ambiental co Proxecto Lewo da Xunta de Galicia.

O obxectivo era seguir avanzando na eliminación do enorme foco de tradescantia localizado nesta praia. Os voluntarios, un rapaz e catro rapazas, acompañados de dous monitores de CEM Educación Ambiental e dun coordinador noso, pasaron a mañá arrincando esta planta invasora de orixe americana. Os restos retirados pesaron 77 kg. Pouco se atopou doutras invasoras que estaban presentes neste enclave, pois soamente eliminamos dous tubérculos de crocosmia e unha hortensia de pequeno porte.

Para chegar a erradicar este foco de tradescantia será preciso programar varias xornadas máis. Esta praia forma parte da ZEC Betanzos-Mandeo, espazo natural protexido integrado na Rede Natura. Se te animas a ser parte activa na conservación deste enclave, non dubides en poñerte en contacto connosco.

Foto dos voluntarios


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).