Outro venres verde

27 Novembro 2020

 
Logo de Despensa 77O ano pasado o comercio coruñés Despensa 77, especializada en produtos ecolóxicos e naturais a granel, decidiu buscarlle unha alternativa verde ó Black Friday. En lugar de descontos, ofreceulles ós seus clientes destinar parte do importe de cada compra a recupera-los bosques autóctonos a través de Fragas do Mandeo.

Este ano volven repeti-la iniciativa, con doazóns de até o 20 % das compras. Agradecémoslle a Despensa 77 a súa preocupación polo medio ambiente e a confianza depositada en nós como destinatarios da campaña.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).