Mesa redonda sobre custodia

9 Outubro 2021

 
Invitados polo Foro Estatal de Redes y Entidades de Custodia del Territorio, o próximo xoves imos participar na mesa redonda virtual As entidades de custodia como propietarias de terreos e dereitos, que vai realizarse no marco das VIII Xornadas Estatais de Custodia do Territorio.

A mesa ten como obxectivo debater as vantaxes e inconvenientes da adquisición de dereitos e de parcelas como medio para conservar a natureza. Tamén abordará outros temas como son os procesos de participación e colaboración na custodia ou os marcos de traballo que garantan manter no longo prazo as iniciativas de custodia.

Para expoñer neste encontro virtual diferentes enfoques, os organizadores invitaron a seis entidades a dar a súa visión. Así acompañaremos como intervenientes a representantes de SEO/BirdLife, Fundación Catalunya La Pedrera, Lurgaia Fundazioa, Ecologistas en Acción-Cinca e ANSE.

Lugar: En liña, previa inscrición gratuíta.
Data: Xoves, 14 de outubro de 2021.
Hora: 17:00.

Imaxe do cartel


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).