¿Quen somos?
Fragas do Mandeo está formada por un padroado e un equipo de voluntarios que manteñen viva a entidade. Uns e mailos outros aportan a súa cualificación i experiencia profesionais de xeito altruísta, dedicándolle o tempo libre que lles deixa o traballo e a familia.
Padroado
Fernando Bandín, licenciado en Informática pola Universidad Politécnica de Madrid, traballa actualmente nunha entidade financeira. Naturalista e fotógrafo da natureza vocacional, é coautor do libro Fotógrafos de la naturaleza, tendo publicado as súas imaxes en diversas revistas e libros.
Antón Vázquez, licenciado en Bioloxía e Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa para unha asociación de gandeiros. Especializado en biodiversidade e espazos naturais, leva anos vinculado á conservación do medio ambiente en Galicia.
Juan Manuel Neira Fernández é enxeñeiro agrónomo pola Universidade de Lleida. Traballou como profesor de formación profesional agraria e na actualidade exerce como profesor de ensino medio.
Empresas colaboradoras
CPR Gestión é unha consultoría especializada en ofrecer servizos de apoio na xestión administrativa e financeira de empresas, incluíndo a selección e formación de persoal. Leva desinteresadamente a contabilidade e administración de Fragas do Mandeo.
Voluntarios
Carlos R. Silvar, licenciado en Belas Artes pola Facultad de Bellas Artes da Universidad Complutense de Madrid e deseñador industrial, traballa como ilustrador no mundo editorial, no que son ben coñecidas as súas guías da natureza de Galicia.
Óscar Vázquez, enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo, desempeña a súa profesión nunha empresa do sector eléctrico. Naturalista vocacional preocupado pola biodiversidade galega, ten unha extensa experiencia de campo.
Fernanda Gil é licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Reside en Alemaña dende o ano 1990, onde traballa nun departamento de asesoramento a inmigrantes. Responsabilizase xenerosamente de traduci-la nosa web ó alemán.
Esther Bandín estudou Filoloxía Inglesa na Universidade da Coruña, traballando actualmente para un laboratorio veterinario dunha empresa multinacional. Con coñecementos de varios idiomas, responsabilizase altruistamente de traduci-la nosa web ó inglés.
Santiago Vázquez, diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña, é socio dunha empresa comercializadora de produtos agrícolas e de xardinería. Ornitólogo por afección, é bo coñecedor da avifauna da ría de Betanzos.
Kevin Hannavy, licenciado e doutorado en Bioquímica pola Universidade de Sussex e pola de Oxford, respectivamente, exerce de profesor de química no internado británico Christ’s Hospital. Afeccionado á natureza e á ecoloxía, profesa ademais un profundo interese na cultura española.








