Estudos e bibliografía

Profundando no coñecemento do medio natural

A fauna e a flora dos espazos naturais de As Mariñas, así coma a súa xeografía e xeoloxía, teñen sido obxecto de varias investigacións e proxectos. A continuación ofrecemos unha bibliografía escollida, moita dela dispoñible en liña.

Algúns dos artigos incluídos na bibliografía teñen un perfil técnico, pois son froito de estudos moi específicos. Isto demostra que a comarca ten categoría para ser campo de traballo da investigación máis especializada nas distintas ramas das ciencias naturais.

Axúdanos a manter actualizado este repositorio de información ambiental da bisbarra

Pero o certo é que a recollida de bibliografía demostrounos que aínda hai bastantes eidos nos que é preciso avanzar no coñecemento do medio natural desta comarca. Por iso tamén ofrecemos libros, artigos e estudos que teñen como obxecto un ámbito máis amplo, pero que ofrecen información útil para comprender a natureza de As Mariñas.

No caso de que precises consello respecto a obras que poidan axudarche a recoñece-las especies e a interpreta-los ecosistemas, podes consulta-la Bibliografía recomendada.

Se botas en falta algunha obra que mellore estes listados, por favor, fáinolo saber. Na sección Contacto atoparás a información necesaria. Do mesmo xeito, fala connosco se tes os dereitos de autor dalgunha obra que non podemos ofrecer en liña sen o teu consentimento, e non te importa poñela a dispor do público.

Clásicos

Flora descriptiva é ilustrada de Galicia, de Baltasar Merino. Tipografía Galaica, 1905-1909 (3 volumes).

Reseña de la historia natural de Galicia, de Víctor López Seoane. Imprenta Soto Freire, 1866. O insigne naturalista galego fai nesta breve obra un resumen da xeoloxía, botánica e zooloxía de Galicia, baseado nas súas observacións e no coñecemento da época.

Fauna mastológica de Galicia, de Víctor López Seoane. Imprenta Manuel Mirás, 1861. A descrición zoolóxica de cada un dos mamíferos presentes na época, acompañada da percepción social da especie, permítenos vislumbra-la evolución da natureza galega e coñece-las especies que desapareceron nestes 150 anos.

Guía de Galicia, de Ramón Otero Pedrayo. Espasa-Calpe, Madrid, 1926.

Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar, de Pascual Madoz, 16 volumes, 1846-1850. Dispoñibles os 16 tomos en formato PDF na web da Biblioteca Virtual de Andalucía.

El plan Lemaur sobre los juncales de la ría de Betanzos en el siglo XVIII, de Antonio Meijide Pardo. Estudios Geográficos, volume 27, nº 102, páxinas 75-105, 1966.

Xeral

No ano 2009 a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, en coordinación con Asdecomor e EuroEume, encargou un conxunto de informes para a identificación das estratexias de conservación e posta en valor dos espazos naturais dos seus territorios. Este compendio do coñecemento do medio natural da bisbarra abrangue no volume 1 as áreas de botánica, hidrobioloxía e fitopatoloxía, contemplando no volume 2 a fauna terrestre.

Fauna

Invernada de aves acuáticas en Galicia. Quinquenio 2001-2005. Censos e análise, coordenado por Serafín González. Braña nº 10, páxinas 1-100.

Atlas de vertebrados de Galicia, de Sociedade Galega de Historia Natural. Consello da Cultura Galega, 1995. Esta obra colectiva compila en dous tomos os coñecementos sobre a distribución de aves, peixes continentais, anfibios, réptiles e mamíferos terrestres de Galicia froito dun traballo de campo entre 1980 e 1988.

Atlas dos anfibios e réptiles de Galicia, de Sociedade Galega de Historia Natural. Sociedade Galega de Historia Natural, 2011. Esta obra colectiva ofrece a revisión do Atlas de vertebrados de Galicia no tocante ós anfibios e réptiles, compilando o coñecemento bioxeográfico actual destes vertebrados mediante fichas descritivas ilustradas con fotografías e mapas.

Datos sobre distribución de Quirópteros en el norte de Galicia, de P. Galán, F. Cerqueira, R. Seage e A. Barros. Galemys, páxinas 71-85, 2005.

Los Carabidae (orden Coleoptera) de Galicia (N.O. de España), de Ana M. Campos Gómez e Francisco Novoa Docet. Universidade de Santiago de Compostela, 2006.

Estado de conservación das poboacións de ammocetes de lamprea mariña (Petromyzon marinus Linnaeus, 1758) en ríos de Galicia, de Fernando Cobo Gradín et al., Xunta de Galicia, 2010.

Declive de poblaciones de anfibios en dos embalses de La Coruña (Noroeste de España) por introducción de especies exóticas, de Pedro Galán. Boletín de la Asociación Herpetológica Española nº 8, páxinas 38-40, 1997.

El impacto sobre los anfibios de pequeñas obras públicas en espacios naturales protegidos, de Pedro Galán. Boletín de la Asociación Herpetológica Española nº 22, páxinas 138-143, 2011. Neste breve artigo, o destacado herpetólogo galego demostra como as pequenas obras poden chegar a afectar de maneira grave ás poboacións de anfibios, tomando como base o seguimento destes vertebrados no lugar de Chelo, dentro do espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo, antes e despois da ampliación de camiños.

Herpetofauna de Galicia: situación actual y amenazas que inciden en su conservación, de Pedro Galán. Recursos Rurais nº 2, páxinas 51-64, 2005. Revisión da situación dos anfibios e réptiles, baseada en informacións dos últimos 30 anos, coa identificación das distintas ameazas que están a reduci-las súas poboacións.

Reproductive characteristics of a lowland population of an alpine lizard: Lacerta monticola (Squamata, Lacertidae) in north-west Spain, de Marta Rúa e Pedro Galán. Animal Biology, volume 53, nº 4, páxinas 347-366, 2003.

Estado de conservación de la náyade Margaritifera margaritifera (Linnaeus 1758) en el curso bajo del río Mandeo (A Coruña), de Álvaro Barros. Iberus, volume 32, nº 1, 35–43, 2014. Estudo da poboación de mexillón de río no curso baixo do Mandeo.

The north-west of the Iberian Peninsula is crucial for conservation of Margaritifera margaritifera (L.) in Europe, de Sabela Lois, Paz Ondina, Adolfo Outeiro, Rafaela Amaro e Eduardo San Miguel. Aquatic Conservation: Marine and Freshwater Ecosystems, nº 24, 35–47, 2014. Resultados da intensa búsqueda por ríos de toda Galicia, atopando o mexillón de río no Mandeo, Mero, Barcés e Lambre.

Ecology and evolution of the freshwater mussels Unionoida, de Gerhard Bauer e Klaus Wächtler. Springer-Verlag, 2000.

Flora

Estudio de los suelos y la vegetación del término municipal de Betanzos, de Francisco Bellot Rodríguez et al. Inédito, en poder da Deputación Provincial da Coruña, 1956.

Vegetación de la cuenca del río Deo (cuenca alta del Mandeo): estudio ecológico-fitosociológico y florístico, de Jenaro Dalda González. Monografías da Universidade de Santiago de Compostela, nº 14, 1972.

Aportaciones a la pteridoflora gallega, de Javier Cremades e Ignacio Bárbara. Acta Botánica Malacitana, nº 12, páxinas 252-253, 1987. Informa da localización de 18 especies de fentos en Chelo, no curso baixo do río Mandeo.

Los helechos en el noroeste ibérico y su interés para la conservación, de Javier Amigo Vázquez. Recursos Rurais nº 2, páxinas 11-22, 2005.

Las plantas endémicas y subendémicas de Galicia, de Francisco Javier Silva-Pando. Boletín BIGA nº 3, páxinas 9-150, 2008.

Flora endémica amenazada del litoral de Galicia: una visión actual, de M. Inmaculada Romero Buján. Recursos Rurais nº 2, páxinas 1-10, 2005.

La flora vascular amenazada de Galicia. Catalogación y protección de las especies, de María Inmaculada Romero Buján. Naturalia Cantabricae nº 3, páxinas 15-24, 2007.

Flora y vegetación protegida de Galicia, F. J. Silva-Pando, R. Pino Pérez, J. J. Pino Pérez e J. L. Camaño Portela. Boletín BIGA nº 4, páxinas 37-45, 2008.

Xeografía e xeoloxía

Cuenca del Río Mandeo: aspecto de geografía física, de Juan de la Fuente Dopico. Universidade de Santiago de Compostela, 1986.

As Mariñas de Betanzos: do pasado xeomorfolóxico ó presente paisaxístico, de Augusto Pérez Alberti. Anuario Brigantino nº 11, páxinas 11-16, 1988.

Origen y evolución geomorfológica de las rías atlánticas de Galicia, de J. L Pagés. Revista de la Sociedad Geológica de España, volume 13, nº 3-4, páxinas 393-403, 2000.

Perspectiva histórica del conocimiento geológico de las rías gallegas, G. Méndez e D. Rey. Journal of Iberian Geology, volume 26, páxinas 21-44, 2000.

Medio mariño

La dinámica fluviomarina en los estuarios del Mandeo y Eume, I. Asensio Amor e Mariano Grajal Blanco. Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe nº 6, páxinas 219-233, Universidade da Coruña, 1983.

Rasgos morfológicos y sedimentológicos de la ría de Betanzos (A Coruña, Galicia, España), de I. Asensio Amor e Mariano Grajal Blanco. Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe nº 2, páxinas 197-208, Universidade da Coruña, 1981.

Hidroloxía

Estudio medioambiental en ríos gallegos, cuencas del Mandeo, Mendo y Mero, de José Manuel Andrade Garda. Universidade de Santiago de Compostela, 1990.

Multivariate Analysis of Environmental Data for two Hydrographic Basins, de J. M. Andrade, D. Prada, S. Muniategui, E. González e E. Alonso. Analytical Letters, volume 25, nº 2, páxinas 379-399, 1992.

Plans e proxectos

Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Xunta de Galicia, 2012. Este informe, e os mapas que o acompañan, analiza o patrimonio natural e a biodiversidade de Galicia, e en particular dos espazos naturais da Rede Natura, elaborado por especialistas de varias universidades para a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Regeneración ambiental del interior de la ría de Betanzos, de Rafael Eimil, Carlos Gil, Enrique Urcola, Patricio Aguilar e Alfonso Janeiro. Demarcación de Costas de Galicia, 2006.

Data publicación: 6-10-2010
Última modificación: 6-5-2014
>> Páxina seguinte: Normativa ambiental