Zugänglichkeit

Eine Webseite für alle

Es tut uns leid, diese Seite ist noch in Arbeit! Die Ehrenamtlicher von Fragas do Mandeo arbeiten in ihrer Freizeit, um Ihnen die deutsche Version so bald wie möglich anbieten zu können. Statt dessen bieten wir Ihnen die galicische Version an.

A web de Fragas do Mandeo está deseñada para favorece-la accesibilidade por todo tipo de persoas, independentemente das súas capacidades técnicas, cognitivas ou físicas.

Algunhas persoas, por eivas conxénitas, enfermidade, accidente ou idade avanzada, teñen problemas para manexar o rato do ordenador, para ler os contidos escritos, para ouvir o audio dos vídeos, etc. Os problemas de accesibilidade tamén afectan ás persoas con restricións técnicas, como os que están condicionados por comunicacións ou ordenadores lentos. Un deseño correcto da web axuda a paliar todas estas limitacións, facilitando o uso de ferramentas informáticas específicas (tales como os lectores de pantalla por voz), ou acelerando a descarga das páxinas.

Para acadar este obxectivo, os voluntarios que participaron na creación da web de Fragas do Mandeo, e a manteñen actualmente, buscaron seguir as directrices do World Wide Web Consortium (W3C). As súas recomendacións son elaboradas polo grupo de traballo Web Accessibility Initiative (WAI) e son recollidas na guía Web Content Accessibility Guidelines (WCAG), que vai pola versión 2.0 no momento de redactar estas liñas. Para botar unha ollada rápida pódese consultar o resume titulado How to Meet WCAG 2.0.

Na elaboración da nosa web tivéronse en conta varias medidas para acadar un alto grao de accesibilidade. O contido está separado do aspecto gráfico, sendo lexible sen follas de estilo (CSS). Non se utilizan menús despregables e a navegación está simplificada, permitindo tanto a lectura directa a través dos menús, como secuencial ó xeito dun libro. As imaxes e os enlaces levan textos descritivos.

Para facilita-la compresión dos textos, redactáronse tendo en conta os distintos niveis de coñecemento dos lectores no eido das ciencias naturais. Na meirande parte das páxinas non se utilizan termos técnicos ou son acompañados da súa explicación. Naquelas destinadas a un público máis especializado, obviáronse para alixeira-lo texto.

O tamaño da letra pode ser modificado no navegador:

  • Netscape, Mozilla Firefox, Safari: combinando a tecla Ctrl e a tecla “+” para aumentar; tecla Ctrl e a tecla “-” para diminuír; tecla Ctrl e a tecla “=” para restaurar ó tamaño por defecto;
  • Internet Explorer: a través do menú do navegador, seguindo as opcións “Ver” > “Tamaño do texto” (nalgunhas versións pode pulsa-la tecla Ctrl e move-la roda do rato).

Ferramentas aplicadas

Para a validación do código html se utilizou o Markup Validation Service e para a validación das follas de estilo o CSS Validation Service, ámbolos dous do W3C.

Para revisa-la accesibilidade da web, utilizouse a ferramenta informática TAW desenvolvida pola Fundación CTIC, entidade non lucrativa dependente do Principado de Asturias.

No nivel WCAG 2.0, TAW clasifica a información resultante do análise en problemas de accesibilidade (cor vermella), advertencias que son necesarias revisar manualmente (cor ámbar) e puntos non verificados porque non poden ser automatizados (cor azul). Esta información está agrupada nos apartados de regras que afectan á percepción, á operatoria, á comprensión e á conformidade cos estándares.

Tras pasa-lo test a tódalas páxinas e aplica-las recomendacións suxeridas, non existe ningún problema de accesibilidade detectable por TAW.

Tódolos esforzos e tests realizados non garanten completamente a accesibilidade da web de Fragas do Mandeo. Se atopas algunha dificultade, por favor, fáinolo saber e tentaremos de corrixilo. Na sección Contacto tes tódolos datos necesarios.

Veröffentlichungsdatum: 4-11-2010
Letztes update: 22-5-2012

Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).