Legal

 
Nesta sección atoparás información sobre os aspectos legais no uso desta web, créditos do contido, privacidade, agradecementos e accesibilidade.

Condicións legais

Fundación Fragas do Mandeo é unha organización privada sen ánimo de lucro e non gobernamental. Está clasificada como fundación de interese para a defensa do medio natural de Galicia e declarada de interese galego pola Xunta de Galicia. A súa personalidade xurídica está rexida pola Lei 12/2006, de 1 de decembro, de fundacións de interese galego, estando a súa actividade supervisada polo protectorado da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia. Figura inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2010/12, no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co número 2012/0127 e no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia co número O-731. Ten o domicilio social en Lg. Vilar de Costoia 123, Porzomillos, 15380 Oza-Cesuras (A Coruña, España) e N.I.F. número G70258645.

O acceso a esta web implica a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais de acceso e uso. No caso de non estar de acordo con elas, deberá absterse de acceder á web ou de emprega-los servizos que se prestan a través dela. Estas condicións se rexen polos principios de legalidade e de boa fe, comprometéndose o usuario a utiliza-la web, así como a información ou servizos subministrados, de conformidade coa lei.

O usuario se compromete a comunicar a Fundación Fragas do Mandeo, á maior brevidade posible, calquera incidencia que derive ou poida derivar nun risco da confidencialidade de datos. En ningún caso Fundación Fragas do Mandeo será responsable de calquera tipo de dano que os usuarios ou terceiros puidesen ocasionar mediante este sitio web.

As presentes condicións xerais se rexen pola lexislación española. Para coñecer de calquera controversia ou litixio serán competentes os tribunais de A Coruña (España), con renuncia expresa das partes a calquera outro foro.

Créditos, propiedade intelectual e industrial

Fundación Fragas do Mandeo é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre as imaxes, textos, deseños, animacións ou calquera outro contido desta web, dispoñendo das autorizacións necesarias para a súa utilización. Calquera acto de reprodución, distribución, comunicación pública, posta a disposición ou transformación, así como calquera outra forma de utilización ou explotación de todo ou parte de ditos contidos ou elementos, realizado baixo calquera forma ou mediante calquera medio, requirirá o consentimento previo e por escrito de Fundación Fragas do Mandeo.

Esta web foi realizada por voluntarios da Fundación Fragas do Mandeo, que participaron altruistamente tanto no deseño como na elaboración de contidos. Os autores dos textos, fotografías e ilustracións conservan tódolos dereitos de explotación das súas obras.

Esta web ten enlaces externos a páxinas web de terceiros, que poden estar suxeitas a dereitos de propiedade intelectual e industrial. Fundación Fragas do Mandeo non se responsabiliza dos seus contidos, non podendo garantir a súa veracidade, exactitude ou calquera outro aspecto relacionado con esas webs.

Política de privacidade

Se desexa exerce-los seus dereitos de acceso, rectificación, oposición ou cancelación dos seus datos persoais que figuran nos nosos rexistros, por favor, solicíteo escribindo un correo electrónico a correo@fragasdomandeo.org ou enviando unha carta ó noso enderezo postal enriba indicado. Do mesmo xeito pode darse de baixa dos nosos boletíns electrónicos ou comunicarnos a cancelación da súa domiciliación bancaria. Na petición deberá achegar a seguinte información: nome, apelidos, dirección, DNI/NIF, dereito que se solicita e contido da petición.

De acordo coa LOPD, Ley orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal, os datos persoais enviados polo usuario a través dos formularios desta web serán incorporados en ficheiros dos que é responsable Fundación Fragas do Mandeo. Estes datos serán tratados de xeito totalmente confidencial e serán usados exclusivamente para os fins expresados. O seu enderezo postal e enderezo electrónico poderán ser usados para enviarlle comunicacións ou para mantelo informado das actividades que organice Fundación Fragas do Mandeo, salvo que nos exprese a súa oposición. No caso de menores de 14 anos, se requirirá o consentimento dos pais, dos titores ou dos representantes legais do menor.

Fundación Fragas do Mandeo cumprirá os niveis de seguridade legalmente esixidos pola LSSI, Ley 34/2003, de servicios de la sociedad de la información y el comercio electrónico, tendo adoptado as medidas técnicas e organizativas precisas para manter un nivel de protección dos datos persoais, e evitar, na medida do posible, accesos non autorizados.

Fundación Fragas do Mandeo pode modificar sen previo aviso as características e especificacións dos seus servizos, así como calquera información recollida nesta web, e non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo. Fundación Fragas do Mandeo non é responsable de ningún dano directo ou indirecto que poida ocasiona-la falla de exactitude, veracidade ou exhaustividade da información, ou o uso que se poida facer dela. O acceso a esta web non outorga licenza ó usuario para empregar, máis alá do uso estritamente persoal, de ningunha información ou servizo presente nela.

Emprego de cookies

Fundación Fragas do Mandeo pode empregar cookies cando un usuario da súa web navegue por ela, de maneira que poida recoñece-las preferencias do usuario. O usuario ten a posibilidade de configura-lo seu navegador para ser avisado da recepción de cookies e para impedir que se instalen no seu ordenador. Consulte as instrucións do seu navegador para ter máis información.

Agradecementos

Fragas do Mandeo agradece a todas aquelas persoas e entidades que facilitaron a creación da súa web poñendo a libre disposición do público deseños, programas e ferramentas informáticas.

Para o desenvolvemento desta web usouse WordPress, empregando como base a plantilla Contempt3 de Vault9, reformada polos nosos voluntarios. Como tipografía usáronse os tipos Ubuntu (Ubuntu Project), Open Sans Condensed (The Apache Software Foundation), Liberation Serif (Red Hat), Verdana, Arial, Lucida Grande, Helvetica e Trebuchet MS.

Por último, o noso recoñecemento a tódolos voluntarios e simpatizantes que proporcionaron todo tipo de contidos (fotografías, ilustracións, planos, documentos), traduciron os textos e colaboraron de diversas maneiras.

Data publicación: 6-7-2010
Última modificación: 19-10-2016
>> Páxina seguinte: Política de cookies

Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).