Equipo

¿Quen somos?

Fragas do Mandeo está formada por un padroado e un equipo de voluntarios que manteñen viva a entidade. Uns e mailos outros aportan a súa cualificación e experiencia profesionais de xeito altruísta, dedicándolle o tempo libre que lles deixa o traballo e a familia.

Padroado

Retrato de Fernando BandínFernando Bandín, licenciado en Informática pola Universidad Politécnica de Madrid, actualmente retirado tras exercer no sector financeiro. Naturalista e fotógrafo da natureza vocacional, é coautor do libro Fotógrafos de la naturaleza, tendo publicado as súas imaxes en diversas revistas e libros.

Retrato de Antón VázquezAntón Vázquez, licenciado en Bioloxía e Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa no ensino secundario e para unha asociación de gandeiros. Especializado en biodiversidade e espazos naturais, leva anos vinculado á conservación do medio ambiente en Galicia.

Retrato de Juan Manuel NeiraJuan Manuel Neira, enxeñeiro agrónomo pola ETSEA da Universitat de Lleida. Profesor de Tecnoloxía nun instituto de ensino secundario, exerceu anteriormente de profesor técnico de formación profesional agraria. Ten coordinado e participado en proxectos ambientais en centros educativos.

Empresas colaboradoras

Anagrama de CPR GestiónCPR Gestión é unha consultoría especializada en ofrecer servizos de apoio na xestión administrativa e financeira de empresas, incluíndo a selección e formación de persoal. Leva desinteresadamente a contabilidade e administración de Fragas do Mandeo.

Data publicación: 24-6-2020
Última modificación: 24-6-2020
>> Páxina seguinte: Localización

Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).