Informes e documentos

Por unha entidade de custodia transparente

Seguindo o principio de transparencia, Fragas do Mandeo publica nesta sección os informes de contas anuais que se presentan ó protectorado de medio ambiente da Xunta de Galicia. Deste xeito, podes coñecer como e onde se gastan os ingresos e as cantidades doadas.

Documentos

Estatutos de Fragas do Mandeo

Informe 2010: Balance económico e de xestión

Informe 2011: Balance económico e de xestión

Informe 2012: Balance económico e de xestión

Informe 2013: Balance económico e de xestión

Informe 2014: Balance económico e de xestión

Informe 2015: Balance económico e de xestión

Informe 2016: Balance económico e de xestión

Informe 2017: Balance económico e de xestión

Diario Oficial de Galicia

Orde do 15 de febreiro de 2012 pola que se modifica a adscrición de determinadas fundacións de interese galego e se ordena a súa adscrición ás consellerías competentes para o exercicio das funcións de protectorado.

Resolución do 15 de novembro de 2010 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Fragas do Mandeo.

Orde do 27 de outubro de 2010 pola que se clasifica de interese para a defensa do medio natural de Galicia a Fundación Fragas do Mandeo.

Presenza nos medios

Presentación de Fragas do Mandeo en Lar de Unta, recollida en Betanzos e a súa comarca, outubro 2010, páxina 16 (tamén podes descarga-lo exemplar completo).

As Mariñas se une a la custodia del territorio, no xornal La Opinión – A Coruña do día 14 de novembro de 2010, na páxina 19 da edición en papel e na edición web.

Yo me subo a un carballo, artigo de opinión de Javier Guitián en La Voz de Galicia (8-3-2011).

La conservación de la naturaleza, objetivo de Fragas do Mandeo, no periódico Betanzos e a súa comarca, xullo 2011, páxina 14 (tamén podes descarga-lo exemplar completo).

El gobierno local invita a todos los grupos a “traballar como un só” por Os Caneiros, onde se pon como exemplo de implicación social a Fragas do Mandeo, en El Ideal Gallego do día 28 de xullo de 2011.

Noticias sobre a creación dunha iniciativa de custodia no río Eume, onde Fragas do Mandeo asesorou ós seus promotores, nos xornais Diario de Ferrol (28-4-2013), El País (31-5-2012), La Opinión – Coruña (31-5-2012), La Voz de Galicia (1-6-2012), La Opinión – Coruña (1-6-2012) e Diario de Ferrol (23-2-2013).

Noticias sobre a Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo nas radios locais (escoitar ) e nos xornais Betanzos e a súa comarca, El Ideal Gallego (28-9-2012) e La Opinión – Coruña (29-9-2012).

La única manera de eliminar de Cecebre al cangrejo americano es vaciar el embalse, onde se recollen consideracións de Fragas do Mandeo sobre as especies exóticas invasoras presentes en As Mariñas, en El Ideal Gallego do 22 de outubro de 2012.

Noticias sobre a colaboración de Fragas do Mandeo co colexio Sada y sus Contornos, con motivo do seu proxecto Voz Natura, publicadas no xornal La Voz de Galicia: Los niños del Sada y sus Contornos limpiaron el embalse de Cecebre (16-11-2012) e Visita al Sada y sus Contornos (14-12-2012).

Noticia sobre a presentación de Fragas do Mandeo no Museo da Natureza de Ferrol no xornal Diario de Ferrol do 19 de xaneiro de 2013.

Custodiando o territorio, artigo de opinión de Xan R. Silvar en La Voz de Galicia (25-1-2013).

Noticias sobre a participación de Fragas do Mandeo nas II Xornadas Sobre Patrimonio no Rural, celebradas na Misión Biolóxica de Galicia: La Voz de Galicia (3-4-2013) e Diario de Ferrol (5-4-2013).

Entrevista da Televisión de Galicia ós escolares do colexio Sada y sus Contornos con motivo da súa doazón a Fragas do Mandeo, emitida en directo entre as 19:15 e as 20:15 horas do 22 de maio de 2013, día internacional da biodiversidade ecolóxica.

Artigo Fragas do Mandeo cumpre tres anos protexendo a paisaxe e riqueza natural da comarca, acompañado da noticia Betanzos acolle a II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas e Terras do Mandeo, no periódico Betanzos e a súa comarca, setembro 2013, páxina 10 (tamén podes descarga-lo exemplar completo).

Los guardianes del monte, onde se recolle a noticia dos tres anos de actividade de Fragas do Mando, en La Opinión – A Coruña do 8 de setembro de 2013.

A II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foi recollida na prensa con especial atención por parte do xornal La Opinión – Coruña en Para que la reserva eche raíces, do 23 de setembro de 2013, e, no día 29 do mesmo mes, en Los centinelas de las fragas do Mandeo, na entrevista ó presidente do noso padroado e na entrevista a Calros Silvar, que expón a súa obra no marco das actividades da Semana. Tamén foi recollida polo xornal El Ideal Gallego na nota do día 17 e na nota do día 30 de setembro de 2013. Xa con menos extensión, o xornal La Voz de Galicia recóllea na nota do día 28 de setembro de 2013.

Ecologistas de Fragas do Mandeo compran un bosque de ribera protegido, onde se recolle a noticia da compra dunha nova finca, e Eliminan un eucalpital de A Espenuca para repoblar con arbolado autóctono la parcela, na que informan dos traballos de restauración do hábitat nunha parcela preto do lugar de Chelo, en La Opinión – A Coruña do 13 de xaneiro de 2014.

Entrevista sobre a campaña Un castiñeiro máis, un eucalipto menos en Radio Cerna emitida nas emisoras locais (escoitar ) (10-3-2014).

A III Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo motivou unha entrevista de Radio Cerna emitida nas emisoras locais (escoitar ) (17-9-2014) e foi recollida na prensa no exemplar de setembro do periódico Betanzos e a súa comarca e, de novo con especial atención, por parte do xornal La Opinión – Coruña o 26 de xullo, o 19 de agosto, o 10 de setembro, o 22 de setembro e o 28 de setembro. O xornal La Voz de Galicia mencionouna nunha entrevista ó secretario do noso padroado e nunha breve noticia do día 20 de setembro.

A xornada de erradicación de especies invasoras e de retirada de lixo na praia Grande de Miño, efectuada o 29-03-2015 coa colaboración dos scouts galegos, foi recollida nos xornais La Opinión – Coruña (30-3-2015) e La Voz de Galicia (12-4-2015).

Data publicación: 6-10-2010
Última modificación: 16-11-2018
>> Páxina seguinte: Campañas

Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).