Localización

¿Onde actúa Fragas do Mandeo?

Os límites da comarca de As Mariñas varían segundo as distintas fontes, pero normalmente aplícase esta denominación ás terras que configuran as rías de A Coruña, de Betanzos e de Ares, dentro do golfo Ártabro (Galicia, España). Xa no interior, abranguería as cuncas inferiores dos ríos Eume, Mendo, Mandeo e Mero. Eminentemente rural, as vilas máis destacadas son Miño, Pontedeume, Sada e Betanzos, sendo esta última a que centraliza a actividade económica e administrativa da comarca.

A efectos da actividade de custodia do territorio de Fragas do Mandeo, a comarca engloba soamente as cuncas dos ríos Lambre, Mandeo e Mero, estendéndose así polo interior, comprendendo os concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Vilarmaior, cunha actuación puntual en Sobrado dos Monxes.

Mapa do núcleo da comarca de As Mariñas

Para navegar polo mapa, visita Google Maps (apertura no mesmo punto xeográfico).

Mapa animado do núcleo da comarca de As Mariñas

Se precisas mapas máis específicos, na sección Cartografía atópanse varios tipos de mapas interactivos. Tamén permite acceder a follas topográficas a escala 1:5.000 en formato PDF, que poderás descargar e imprimir comodamente.

Data publicación: 10-10-2010
Última modificación: 24-6-2020
>> Páxina seguinte: Testemuñas

Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).