Subvencións de organismos públicos

Logo de Fragas do Mandeo

A meirande parte do financiamento de Fragas do Mandeo procede de particulares, polo que mantemos a nosa independencia respecto da Administración. O total das axudas dos organismos públicos, recibidas dende a nosa constitución, significou o 32 % dos nosos ingresos. Este apoio institucional foi destinado integramente a distintas actuacións de conservación.

Deputación da Coruña

Logo da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña convoca anualmente subvencións para o cofinanciamento de proxectos de actividades e investimentos no eido do medio ambiente. Fragas do Mandeo ten presentado proxectos en diversas ocasións, polo que agradecemos a este organismo o mantemento deste programa de subvencións.

As axudas da Deputación da Coruña que temos ingresadas no período 2010-2023 sumaron 27.514,10 euros. Foron destinadas a paga-los seguros de voluntariado, consumibles, ferramentas, instrumental, maquinaria, equipamento vario e, ocasionalmente, servizos forestais. Nunca se utilizaron para mercar parcelas.

Outras axudas públicas

Logo do Agader
Logo do Concello de Coirós
 
Aparte das subvencións da Deputación, temos recibido dúas axudas do Agader, destinadas a executar actuacións en senllas parcelas de titularidade municipal, situadas na Espenuca e no Catorce, que totalizaron 23.465,34 euros.

No período 2022-2024 temos recibido axudas anuais de 1.000 euros do Concello de Coirós, destinadas a aboar servizos forestais.

Agradecemos a todos estes organismos o seu apoio.