Logo da Deputación da Coruña
Logo da Deputación da Coruña

O apoio da Deputación da Coruña a Fragas do Mandeo

A Deputación da Coruña convoca anualmente subvencións para o cofinanciamento de proxectos de actividades e investimentos no eido do medio ambiente. Fragas do Mandeo ten presentado proxectos en diversas ocasións, polo que agradecemos a este organismo o seu apoio.

As axudas da Deputación da Coruña que temos ingresadas no período 2010-2021 sumaron 10.785,14 euros. Foron destinadas a paga-los seguros de voluntariado, consumibles, ferramentas, instrumental, maquinaria, equipamento vario e, ocasionalmente, servizos forestais. Nunca se utilizaron para mercar parcelas.

Outras axudas públicas

A meirande parte do financiamento de Fragas do Mandeo procede de particulares, polo que mantemos a nosa independencia respecto da Administración. O total das axudas dos organismos públicos, recibidas dende a nosa constitución, significou o 29 % dos nosos ingresos.

Aparte das subvencións da Deputación, temos recibido dúas axudas do Agader, destinadas a executar actuacións en senllas parcelas de titularidade municipal, situadas en Espenuca e no Catorce, que totalizaron 23.465,34 euros. No ano 2022 recibimos unha axuda de 1.000 euros do Concello de Coirós.