Logo da Escola de Tempo Libre Querqus

 

Escola de Tempo Libre
Querqus
etlquerqus@gmail.com

Curso Monitor de Actividades de Tempo Libre

A Escola de Tempo Libre Querqus imparte formación para obter o título oficial de Monitor de Actividades de Tempo Libre. Esta acreditación está emitida pola Xunta de Galicia e certifica que o titular está habilitado para organizar actividades de lecer, recreativas e socioculturais, tanto no tempo libre urbano coma na natureza.

Sendo monitor/a, poderás traballar con nenos, mocidade e maiores, en campamentos, comedores escolares, saídas, excursións, actividades extraescolares, ludotecas, etc... Se estás nunha asociación poderás ocuparte da animación e dinamización da mesma.

Este título está regulado polo Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.

¡Aberto o prazo de matrícula do curso 2018!

Xa podes matricularte no curso do ano 2018. Vaise impartir no Centro Social de Coirós (A Coruña) entre o 17 de febreiro e o 26 de maio. Podes imprimir tódolos datos descargando a folla informativa en PDF.

Data de inicio do curso: Comeza o sábado 17 de febreiro de 2018.
Data final do curso: Remata o sábado 26 de maio de 2018.
Lugar das clases: As clases teórico-prácticas serán no Centro Social de Coirós (A Coruña), situado á beira da N-VI, no lugar de Coirós de Arriba 55, 15316 Coirós (tel.: 981 796 088, correo electrónico: omix@coiros.es). Haberá saídas e acampada.
Prazas: 25. Os participantes deben ser maiores de idade e estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: ESO, graduado escolar ou técnico auxiliar en formación profesional.
Horario das clases: De 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas. A modalidade deste curso é de fins de semana, polo que as clases serán os sábados e varios domingos (xeralmente un domingo ó mes). O curso ten unha duración de 200 horas lectivas e 150 horas de prácticas.
Inscricións: Admisión por orde de inscrición, ata ocupar tódalas prazas (mínimo de 20 alumnos).
Documentación necesaria: Unha foto carné, copia do DNI, copia do título académico, encher a ficha do curso, e xustificante para o desconto (no caso de escoller a opción de prezo especial).

Prezos do curso 2018
Modalidade Matrícula
Xeral 260 €
Carné Xove, desempregado ou membro dunha asociación xuvenil 250 €
Colaborador ou voluntario da entidade de custodia do territorio Fragas do Mandeo 245 €
Empadroado en Coirós 240 €
Calendario do curso 2018
Mes Días
Febreiro 17, 24-25
Marzo 3, 10, 17-18, 24
Abril 7, 14, 21-22, 28
Maio 1, 5, 12, 17, 19-20, 26
En negriña os domingos e festivos
Máis información do curso 2018
Escola de Tempo Libre Querqus OMIX do Concello de Coirós
etlquerqus@gmail.com Centro Social de Coirós
Coirós de Arriba 55A, 15316 Coirós
Tel.: 981 796 088
omix@coiros.es

 

 

A Escola de Tempo Libre Querqus colabora con Fragas do Mandeo, o fondo de conservación da natureza de As Mariñas. Podes ler noticias desta colaboración na web de Fragas do Mandeo:

Menos crocosmia e máis monitores

E pola tarde unha charla en Teixeiro

Desvelando a custodia na Agra do Orzán

Futuros monitores aprenden de custodia