O xornal Betanzos e a súa comarca recolle na edición de xullo a nova da presentación pública de Fragas do Mandeo nun artigo titulado La conservación de la naturaleza, objetivo de Fragas do Mandeo. Cun texto a páxina completa, informa sobre os fins da entidade, os proxectos inmediatos e as actividades realizadas a pasada fin de semana.
Editado por ACEBE, este xornal ten unha tirada de 15.000 exemplares distribuídos gratuitamente en Betanzos e toda a bisbarra de As Mariñas, polo que esperamos que supoña unha repercusión favorable na difusión de Fragas do Mandeo.