A próxima fin de semana celebraremos en Santiago de Compostela o I Encontro Galego de Custodia do Territorio, no que participará Fragas do Mandeo presentando o fondo de conservación da natureza de As Mariñas.
Co lema “situación e perspectivas”, ten por obxectivo compartir experiencias e facer un repaso ó panorama actual da custodia en Galicia, coñece-las iniciativas en marcha, as súas expectativas e os atrancos que atopa para avanzar.
Tamén contará coa presenza de varios invitados, os representantes da Fundación Biodiversidad, do Grup Balear d’Ornitologia (GOB) e da asociación portuguesa Quercus.
Tralas conferencias e mesas redondas do sábado, o domingo completarase o encontro coa visita á Reserva Mariña Mar de Lira e á Cooperativa Raíña Lupa.
O evento está organizado por Adega, contando coa colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio e a financiación da Deputación da Coruña.
Lugar: Centro Social Novacaixagalicia, praza de Cervantes, Santiago de Compostela
Datas: 29 e 30 de outubro de 2011
Máis información na web da organización ou descargando o programa.