O pasado día 3 de novembro celebrouse en Madrid o acto de constitución do Foro Estatal de Custodia del Territorio. Esta nova entidade ten como fin impulsar, coordinar e representa-las iniciativas de custodia do territorio de todo o Estado. Nace coa implicación de 13 entidades fundadoras: as sete redes territoriais de custodia, tres entidades de custodia e tres organizacións que apoian a súa creación, aglutinando deste xeito a meirande parte do movemento de custodia.
As raíces do Foro Estatal parten do ano 2006, cando se celebrou a primeira reunión sobre custodia do territorio, convocada polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Daquela as organizacións participantes decidiron traballar conxuntamente e de xeito informal, co obxectivo de mante-la comunicación entre as distintas entidades e redes autonómicas, así como actuar de interlocutores entre o movemento de custodia e as diferentes Administracións e ámbitos sociais interesados na custodia. Un dos seus traballos máis destacados foi a inclusión da custodia no Plan Estratégico del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad 2011-2017.
No acto de constitución interviñeron o Director General de Medio Natural y Política Forestal, José Jiménez, e o Director General de Desarrollo Sostenible del Medio Rural, Jesús Casas, que afirmaron que a vontade do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino é apoiar formas de xestión do territorio que garantan a implicación da sociedade, como é o caso da custodia.
Fragas do Mandeo participou na súa constitución a través da Agrupación Galega de Entidades de Custodia, e estará representada no Foro Estatal pola vogalía que nela ostenta Óscar Rivas, da Asociación Galega de Custodia do Territorio.
Máis información descargando a acta constitucional e os estatutos.