Para o sábado 20 de agosto temos programada unha xornada de voluntariado ambiental na reserva de anfibios do Catorce.
O mes pasado asinamos un acordo de custodia do territorio para a creación desta reserva, no que o Concello de Coirós cedeunos o uso e a xestión por 50 anos dunha superficie de 5 hectáreas. Nesta xornada iniciaremos a primeira fase das melloras previstas.
Imos aproveitar que a zona húmida está totalmente seca para traballar nela sen risco de afectar ós anfibios. Nesta xornada recolleremos todo o lixo que atopemos, erradicaremos varias especies de plantas invasoras, amorearemos ramallada da última corta e secaremos eucaliptos.
O punto de encontro será o Centro de Saúde de Betanzos, onde quedaremos ás 9:30 horas para compartir vehículos, contando con estarmos de volta ás 14:00. Como posiblemente non cheguen as ferramentas para todos, leva se podes unha macheta ou un gabillo. Tamén é conveniente levar unhas luvas e vestir roupa e calzado axeitados para traballar no monte, así como algo de picar e de beber para cando fagamos a pausa de media mañá.
Se queres apuntarte a esta xornada e así participar dende o inicio nas tarefas de creación da reserva, ponte en contacto connosco con antelación (na sección Contacto atoparás a información necesaria). Lembra proporciona-los teus datos (nome completo, DNI, data de nacemento e móbil), indicando se debemos esperarte no punto de encontro ou se irás directamente. Deste xeito poderemos facerche un seguro de accidentes e avisarche de cambios de última hora, ademais de que nos facilitas a organización.
¡Crear unha reserva de anfibios ben pode considerarse vacacións activas!
Post data: A reserva de anfibios creou o suficiente interese para que 24 persoas deixaran de lado as praias e as festas patronais o sábado 20 de agosto para participar na primeira xornada de voluntariado que organizamos nela. Retiraron todo o lixo que localizaron, sumando un volume de 5 m3, incluíndo dous bidóns, un deles cheo de alcatrán que estaba a contamina-la terra por unha fuga. Elimináronse especies invasoras (a budleia, varios plumachos e algo de eixerón), así como varios eucaliptos nas zonas explotadas pola antiga canteira. Tamén se amoreou boa parte da ramallada abandonada na zona inundable.

Esa mesma semana o diario La Opinión – Coruña publicou a
Tal como estaba programado, onte achegámonos ó lugar de Chelo (Coirós) para continuar coa eliminación da
O domingo 24 de xullo retomarémo-la campaña de erradicación da
Dende a nosa perspectiva calquera apoio académico é unha excelente oportunidade para avanzar no coñecemento da biodiversidade da nosa bisbarra e para mellora-la eficacia das nosas actuacións de restauración ecolóxica de hábitats. Xa que logo, o pasado día 20 asinamos este convenio de colaboración, que abrangue tanto o campo da botánica coma o resto das ramas das ciencias naturais. No próximo curso académico teremos as primeiras reunións cos alumnos e profesores, nas que definiremos conxuntamente os proxectos concretos a desenvolver.
Con esta sinatura démo-lo primeiro paso na creación da reserva de anfibios do Catorce.
Mediante voluntariado ambiental acometeremos proximamente as accións iniciais de mellora do hábitat: a recollida de lixo, a erradicación de especies de flora exótica invasora, a xestión da ramallada de eucalipto deixada na última corta e o secado dos cepos dos que afillaron.
A nosa mascota Dona tamén cumpriu onte seis aniños. Pero como facía moita calor, celebrouno pasando o día ó fresco acompañada da súa compañeira Gala e dunha nova amiga chamada Trufa. Atopámola abandonada e esfameada; tíñalle moito medo á xente, pero Gala logrou que confiara en nós. Agora é a primeira en acaba-la comida e non quere máis que xogar con elas e con nós.
De novo teremos tempo soleado para o rastrillo. Este domingo día 3 de xullo estaremos na praza do Campo de Betanzos, entre as 10:00 e as 14:00 horas, vendendo unha gran variedade de produtos: libros, xoguetes, bixutería, obxectos de regalo, complementos, etc.
Esta pequena praia é o areal con máis importancia ecolóxica de todo o espazo natural protexido Betanzos-Mandeo. Por este motivo, apadriñámola dende o ano 2011, eliminando especies exóticas invasoras e retirando canto refugallo atopamos. 

















