A custodia no día das aves

1 Outubro 2020

 
Esta fin de semana vai celebrarse o días das aves. Dentro das actividades planificadas por distintas entidades, queremos salientar as que o Grupo Naturalista Hábitat inclúe no seu programa.

Para este domingo día 4 ofrece unha iniciación ás aves en distintos espazos naturais, entre eles a ría de Betanzos e o encoro de Abegondo-Cecebre. Os participantes van internarse no mundo das aves ó longo da xornada, ademais de mellora-lo seu coñecemento dos valores naturais destes enclaves e dos seus problemas ambientais. Pero tamén hai unha segunda compoñente, pois os ingresos das cotas de inscrición serán destinados integramente a proxectos de conservación, entre eles o noso, polo que agradecémoslle o seu apoio.

Esta actividade está enmarcada no proxecto Hábitat Protexe, mediante o que recada fondos que destina ás entidades que estamos a practicar a conservación da natureza a través da custodia do territorio. Non deixes de visitar O Faiado de Hábitat Protexe, pois nesta páxina web poderás mercar produtos e actividades cos que tamén se financian actuacións de conservación.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).