Charla en Gandarío

25 Outubro 2020

 
Esta mañá tivemos a ocasión de impartir unha charla no Albergue Xuvenil de Gandarío. A Escola de Tempo Libre Querqus programouna como parte do seu curso para a obtención do título oficial de monitor de actividades de tempo libre.

Tras introduci-los problemas ambientais globais e locais, explicamos as posibilidades de actuar mediante o apadriñamento de enclaves e a custodia do territorio, detallando as actividades desenvolvidas por Fragas do Mandeo. A continuación pasamos a describir, en base á nosa propia experiencia, a maneira de realizar xornadas de voluntariado ambiental que sexan eficaces e resulten satisfactorias para os participantes.

Rematamos animando ós alumnos a que no seu futuro profesional contemplen organizar actividades en favor da natureza e se coordinen con entidades como a nosa para obte-los mellores resultados.

Foto dos alumnos


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).