O ano pasado o comercio coruñés Despensa 77, especializada en produtos ecolóxicos e naturais a granel, decidiu buscarlle unha alternativa verde ó Black Friday. En lugar de descontos, ofreceulles ós seus clientes destinar parte do importe de cada compra a recupera-los bosques autóctonos a través de Fragas do Mandeo.
Este ano volven repeti-la iniciativa, con doazóns de até o 20 % das compras. Agradecémoslle a Despensa 77 a súa preocupación polo medio ambiente e a confianza depositada en nós como destinatarios da campaña.