O pasado venres e hoxe luns estivemos revisando as especies exóticas invasoras na praia Grande de Miño e na sección norte da súa marisma, como continuación dos traballos iniciados no ano 2015. Os resultados foron moi satisfactorios, pois das once especies que temos eliminado durante todo este tempo, nuns casos atopamos poucos exemplares e noutros ningún. Finalmente a biomasa retirada pesou 88,5 kg.
A especie máis frecuente foi o eixerón (61 kg), pero tamén eliminamos vinca, áster americano e xunca olorosa, xa en menor cantidade. No caso da crocosmia arrincamos 17 tubérculos dun foco que rebrotara, ós que sumamos os 1.071 tubérculos de dous novos focos que non detectáramos en ocasións anteriores. Os plumachos non reapareceron no sistema dunar, pero na marisma eliminamos dous exemplares do ano e outros dous pequenos rebrotes; aparte, localizamos unha macolla grande no extremo leste da ponte, da que retiramos os tallos florais á espera da ocasión de arrincala de raíz. Por último, temos que citar unha especie exótica nova erradicada: un pequeno palmito de California.
Con todo, aínda queda traballo nesta praia. Por unha banda, deberían eliminarse varias árbores exóticas con comportamento invasor (robinias, acacias negras e álamos brancos), e por outra algunhas plantas invasoras que aínda non temos abordado, entre as que podemos destaca-la grama americana.

O obxectivo deste viveiro é dispor en todo momento da planta que precisemos para reforesta-las parcelas que estamos restaurando. A que estamos a producir ten tódalas garantías de ser de ecotipos locais e está orientada a producir especies arbóreas pouco representadas nas nosas fragas. A intensa actividade humana nos últimos séculos ten incidido negativamente en determinadas especies por sobrexplotación ou simplemente porque foron desprazadas ante a súa menor utilidade fronte a outras. Xa que logo, a nosa intención é aumentar a diversidade perdida do bosque autóctono favorecendo as especies actualmente menos representadas. A fauna agradecerá ter máis froitos dos que alimentarse e máis estendidos ó longo do ano.
O obxectivo nesta ocasión é erradicar un foco de
Punto de encontro: Centro de Saúde de Betanzos.
Como na xornada de voluntariado ambiental do pasado domingo quedaron por elimina-las especies exóticas invasoras en varias zonas pequenas, o día 12 imos volver para remata-lo traballo. Así poderemos dar por finalizadas as tarefas pendentes.
¿De qué imos falar? Do que levamos feito en todos estes anos. Dos éxitos e dos fracasos. Do que levou moito traballo e do que foi doado. Dos montes que tiñan eucaliptos pero que agora apenas se distinguen da fraga circundante; tamén daqueles ós que lles está a custar recuperarse. Do noso obxectivo de lograr un bosque con diversidade estrutural que albergue as vinte e dúas especies de árbores autóctonas da nosa bisbarra. Das nosas reservas do Catorce e do Ollo da Roda. Da longa lista de especies exóticas eliminadas nas parcelas custodiadas e nas zonas de dominio público apadriñadas. Dos retos ós que nos enfrontamos localmente diante de cambios que afectan á natureza en todo o planeta.
Lugar: Sala de conferencias virtuais do Grupo Naturalista Hábitat
Hai un ano o noso voluntariado fixo nela un magnífico traballo eliminando toda a 
A Deputación da Coruña publica hoxe no 
















