Onte estivemos na praia da Alameda (Miño) retirando biomasa de invasoras, para o que contamos coa axuda dun grupo de voluntariado ambiental da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, formado por 16 persoas, acompañadas por dous monitores de Ribeirán Proxectos Naturais.
O ano pasado iniciámo-la eliminación dos álamos brancos que invadían a zona húmida da trasduna, mediante un descortizado na base do tronco no período máis seco do ano, tediosa tarefa que supuxo un esforzo equivalente a 11,6 xornadas de traballo de 8 horas. Tras esperar varios meses a que secaran, xa tiña chegado a hora de retirar toda a súa biomasa; así pois o venres fomos cortalos.
Onte, axudados por estes voluntarios, enchemos até os topes un contedor de 12 m3 coa leña de máis de 267 árbores (sen contar os máis pequenos, pois xa se confundían coas pólas cortadas). Aínda así queda traballo pendente, polo que na próxima ocasión teremos que contratar un contedor máis grande.
Hoxe fomos ó monte da Espenuca (Coirós), onde o grupo de voluntariado sumouse á xornada programada para este día co obxectivo de recoller lixo, polo que en total participamos 21 persoas. E aínda poderiamos engadir outra máis, pois o condutor do microbús contratado tamén botou unha man.
Enfrontabámonos cunha tarefa difícil, pois os refugallos a retirar eran pesados, estaban nunha zona que ten unha pendente do 76 % e había que arrastralos até o cumio, situado a 100 metros de distancia. O máis problemático era subir pola ladeira os restos dun vehículo alí ciscado, pois na anterior limpeza foinos imposible retira-lo motor, o eixo dianteiro e as súas dúas rodas. Desta vez lográmo-lo, pois días antes despezámolos, aínda que costou o seu subi-lo motor. Tras pesar todo o recollido na báscula, sumamos un total de 309,95 kg.
Esperamos que, ademais do cansazo, estes voluntarios lembren os esforzos desta fin de semana co orgullo de saber que actuaron en favor da natureza dunha forma realmente eficaz e do moito que pode lograrse cando se traballa en equipo.

Post data: O xestor de residuos informounos de que, na praia da Alameda, a biomasa coa que enchemos o contedor pesou 880 kg.
Por outra banda, a actuación na Espenuca foi noticia central da portada do xornal La Opinión Coruña do día 12 de maio. Na edición do día seguinte tamén publicaron unha alusiva viñeta do humorista gráfico Santy Gutiérrez.
Esperemos que esta difusión motive a máis persoas a comprometerse coa natureza, participando nas nosas xornadas de voluntariado ou con calquera outra entidade que traballe con eficacia para mellorar o estado dos nosos espazos naturais.
A natureza precisa de axuda; canta máis, mellor.

Onte un par de voluntarios estiveron seccionando as distintas partes para que poidamos subilas por separado. Xa que logo, intentarémolo o domingo día 8 de maio. Con esta nova xornada de voluntariado buscamos manter limpa a única cara do monte na que se conserva o bosque autóctono.
Nesta xornada de voluntariado centrámonos nun foco de lixo que tiñamos localizado nas proximidades da ponte das Moas. Tal como pasa habitualmente, aparentaba ser máis pequeno do que resultou ser, pois os refugallos estaban parcialmente ocultos por capas de follas caídas durante anos. Xunto co lixo, había un par de pequenos focos de
Para esta mañá programamos unha xornada de voluntariado, na que participaron nove persoas. Había que retirar unha roda de tractor ciscada ladeira abaixo, pero que afortunadamente non deu chegado ó río. Equipados cunha roldana e con cordas, puidemos arrastrala ladeira arriba malia a elevada pendente. Tras recoller o lixo no entorno do viaduto, desprazámonos ó entorno da ponte da Ermida, onde tiñamos localizado un pequeno vertedoiro. Finalmente, o balance da xornada foron 268,5 kg de lixo.
Esta coidadosa limpeza tamén permitiu localizar dous incipientes focos de especies exóticas invasoras, un de
A meirande parte das subvencións ―tanto públicas como privadas― son finalistas, pois están ligadas a proxectos concretos, e aínda así habitualmente non cobren a totalidade dos orzamentos. Por ese motivo, as axudas non finalistas como esta son fundamentais para a nosa entidade, pois permiten sufragar outros gastos ineludibles e incluso complementar aquelas subvencións ligadas a proxectos recibidas doutros organismos. Grazas a elas poderemos seguir destinando a integridade das colaboracións privadas a mercar parcelas de alto valor ambiental.
Tras décadas nas que os eucaliptos cegaban totalmente a panorámica divisable dende o miradoiro, celebraremos que de novo podemos gozar dela ―aínda que sexa só parcialmente― grazas ó traballo que estivemos realizando nas cinco tenzas que temos mercado.
No mes de outubro iniciámo-la
Nesta época do ano é fácil detecta-la presenza de invasoras, pois non logran quedar ocultas entre a vexetación autóctona, totalmente murchada polo frío. En total retiramos 128,5 kg de biomasa de tradescantia, ademais de desenterrar 251 tubérculos de 

















