Dúas parcelas máis na Espenuca

1 Xullo 2025

 
Fotografía do título de propiedadeEsta mañá estivemos na notaría de D. Óscar Manuel López Doval en Betanzos para asina-la escritura de compra de dúas parcelas situadas no monte da Espenuca (Coirós).

Aínda que suman unha superficie reducida, 1.730 m2, teñen a súa importancia. Unha delas testa con outras dúas que xa temos; a outra está nun lugar con bastante valor ecolóxico e paisaxístico. En ámbalas dúas medra o bosque autóctono e van permitirnos facer nelas unha xestión que impida o constante e silencioso avance das árbores exóticas.

De novo, esta adquisición foi posible grazas á xenerosidade dos nosos modestos doadores. Se compartes connosco a preocupación pola conservación das fragas do río Mandeo, consulta a sección Colabora, onde tamén poderás coñece-los beneficios fiscais de facernos unha achega.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).