Esta mañá estivemos na notaría de D. Óscar Manuel López Doval en Betanzos para asina-la escritura de compra de dúas parcelas situadas no monte da Espenuca (Coirós).
Aínda que suman unha superficie reducida, 1.730 m2, teñen a súa importancia. Unha delas testa con outras dúas que xa temos; a outra está nun lugar con bastante valor ecolóxico e paisaxístico. En ámbalas dúas medra o bosque autóctono e van permitirnos facer nelas unha xestión que impida o constante e silencioso avance das árbores exóticas.
De novo, esta adquisición foi posible grazas á xenerosidade dos nosos modestos doadores. Se compartes connosco a preocupación pola conservación das fragas do río Mandeo, consulta a sección Colabora, onde tamén poderás coñece-los beneficios fiscais de facernos unha achega.