Hoxe compartímo-la mañá cos matriculados no curso de monitores de tempo libre que está a impartir a Escola de Tempo Libre Fervenza na Casa da Xuventude de Betanzos, un grupo formado por 20 alumnas e un alumno.
De novo argumentamos que para conserva-lo patrimonio natural da nosa bisbarra son imprescindibles as actuacións de restauración de hábitats como as que estamos a facer continuadamente. Xa dun xeito máis didáctico, explicámoslles a forma na que, no seu futuro laboral, poden organizar xornadas de voluntariado ambiental para que sexan realmente beneficiosas e lles resulten atractivas ós participantes.
Complementámo-la nosa charla cunha visita á nosa Reserva de Anfibios do Catorce, lugar de reprodución de 11 especies distintas destes vertebrados tan ameazados. Logo visitamos A Espenuca, onde puideron coñece-lo traballo que estamos a realizar para recupera-lo bosque autóctono no entorno do seu miradoiro.


















