Esta tarde estivemos na notaría de D. Óscar Manuel López Doval en Betanzos para asina-la escritura de compra de dúas parcelas no monte da Espenuca (Coirós).
As parcelas suman unha extensión de 5,5 ferrados (2.398 m2), segundo as escrituras, aínda que no Catastro figuran cunha superficie menor. Están situadas na ladeira norte do monte, con pendentes moi elevadas, o que ten permitido que nelas se mantivera un bosque razoablemente ben conservado.
Do mesmo xeito que noutros casos similares, a partir de agora a nosa misión é garantir a súa preservación, vixiando que non aparezan especies exóticas e que nelas o bosque caducifolio siga a proporcionar múltiples servizos ecosistémicos.
Aparte de ofrecer un hábitat axeitado para a biodiversidade local, o bosque ten un papel de especial importancia no ciclo da auga. Tal como conversamos cos vendedores, os ríos están a amosar un caudal moi reducido e xa comezaron as restricións ó consumo doméstico, como consecuencia desta terceira vaga de calor consecutiva durante o que vai de ano. Neste contexto de crise climática, os bosques que acompañan ós ríos son de especial importancia para conservar os recursos hídricos, almacenando auga cando chove e liberándoa lentamente ó longo do ano.
Tamén son relevantes como devasas naturais fronte os lumes, grazas á humidade que crean no seu interior e porque a sombra proxectada polo dosel forestal evita a proliferación do mato. No grave incendio que sufriron as fragas do Eume no ano 2012 quedou demostrada esta eficacia, pois as lapas morreron no seu interior; tamén a súa resiliencia, pois esa zona foi a que se recuperou espontaneamente con máis rapidez. Pero estas capacidades poden verse minguadas se hai árbores pirófitas intercaladas, ou incluso parcelas enteiras de arborado exótico.
Coma sempre, estas adquisicións foron posibles grazas á xenerosidade dos nosos modestos doadores. Se tamén consideras importante a conservación das nosas fragas, por favor, consulta a sección «Colabora», onde poderás coñecer como facernos unha achega para seguir mercando montes e cales serán as deducións fiscais das que vas beneficiarte.
A súa coordinadora de proxectos estaba interesada en coñece-lo noso traballo, polo que na longa charla que mantivemos puidemos explicarlle a nosa visión sobre como hai que aborda-la conservación da natureza na nosa bisbarra, indicando as actuacións que estamos a realizar na súa práctica diaria.
Ó longo da andaina seguindo o curso do río Mandeo até o lugar de Chelo (Coirós), e coa participación dun monitor do
Como paso previo antes de poñernos a traballar, onte pola tarde impartímoslles unha charla na que explicamos a nosa misión como entidade de custodia do territorio, detallando as distintas actuacións que estamos a realizar. Especial atención recibiu a restauración do bosque autóctono que temos efectuado no monte da Espenuca, pois era alí onde íamos dirixirnos ó día seguinte.
A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia o listado provisional das entidades sen ánimo de lucro que imos beneficiarnos este ano do seu programa de axudas para realizar
Hoxe empeza a campaña da declaración da renda. Tal como sucede dende a nosa constitución, os nosos doadores benefícianse dunha dedución proporcional ó importe das súas doazóns.












