Coirós amósanos de novo o seu apoio

19 Febreiro 2026

 
Logo do Concello de CoirósO pasado sábado tivo lugar o acto no que o Concello de Coirós presentou as axudas destinadas ás entidades activas no seu termo municipal que resultamos beneficiadas polo seu apoio. Amosando dilixencia, hoxe mesmo nos teñen ingresado esa achega económica.

A diferenza doutras subvencións, estas axudas teñen tres vantaxes significativas: non precisan trámites embrollados, entréganse a primeiros de ano e non están ligadas a proxectos concretos. Deste xeito, xa podemos destinar o modesto importe que nos foi transferido hoxe a aquelas necesidades de actuación que nos vaian xurdindo ó longo do ano.

De novo expresamos o noso agradecemento ó Concello de Coirós polo seu continuado apoio. Para nós resulta especialmente gratificante este recoñecemento do noso labor, pois lamentablemente é a excepción entre os sete concellos da bisbarra nos que actuamos.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).