Mercamos montes en Chelo

28 Abril 2026

 
Fotografía do título de propiedadeEsta mañá estivemos na notaría de D. Óscar Manuel López Doval en Betanzos para asina-la escritura de compra de tres parcelas no lugar de Chelo (Coirós).

As parcelas suman unha superficie de 2.976 m2. Están situadas na ribeira esquerda do río Mandeo, augas arriba do centro de interpretación. Nelas medra un bosque autóctono que chega até o borde da auga, de grande importancia ecolóxica. A partir de agora a nosa misión é garantir que o seu arborado madure sen interferencias e proporcione un hábitat axeitado para as múltiples especies de fauna, de flora e de fungos propios deste entorno, vixiando que non aparezan especies exóticas invasoras.

Estas adquisicións foron posibles grazas á xenerosidade dos nosos modestos doadores. Se tamén che interesa a conservación do patrimonio natural da nosa bisbarra e queres facer algo eficaz por el, por favor, consulta a sección «Colabora», onde poderás coñecer como facernos unha achega para seguir mercando montes e cales serán as deducións fiscais das que vas beneficiarte.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).