Os nosos doadores, beneficiados no IRPF

8 Abril 2026

 
Logo da Axencia TributariaHoxe empeza a campaña da declaración da renda. Tal como sucede dende a nosa constitución, os nosos doadores benefícianse dunha dedución proporcional ó importe das súas doazóns.

Estas deducións no IRPF poden chegar até o 80 % do importe doado. Así, os beneficiarios van ver que a Axencia Tributaria devólvelles algo máis do que lles tocaba a devolver, ou teñen que pagar algo menos no caso de que lles toque a pagar.

Tamén as empresas poden beneficiarse de deducións de até o 50 %, pero neste caso aplícanse no Imposto de Sociedades. Podes consultar tódolos detalles nos artigos 19 e 20 da Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

Se queres comprobar canto estás deducindo, accede ó teu borrador da renda na web da Axencia Tributaria. Na caixiña H do anexo A.1 debe figurar o total do que doaches o ano pasado a entidades beneficiarias dos incentivos ó mecenado —sexan cotas de socio, donativos ou doazóns—, tal como indica a citada lei. Na caixiña 0723 figurará o importe da dedución correspondente.

Anímate a aproveitar estes beneficios fiscais apoiándonos economicamente na restauración da biodiversidade local (na sección «Colabora» tés tódolos detalles). Lembra que a conservación sen financiamento é mera conversación.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).