A meirande parte do financiamento de Fragas do Mandeo procede de particulares, polo que mantemos a nosa independencia respecto da Administración. O total das axudas dos organismos públicos, recibidas dende a nosa constitución, significou o 27 % dos nosos ingresos. Este apoio institucional foi destinado integramente a distintas actuacións de conservación.
As axudas da Deputación da Coruña que temos ingresadas no período 2010-2022 sumaron 14.045,04 euros. Foron destinadas a paga-los seguros de voluntariado, consumibles, ferramentas, instrumental, maquinaria, equipamento vario e, ocasionalmente, servizos forestais. Nunca se utilizaron para mercar parcelas.
![]() |
---|
![]() |
Nos anos 2022 e 2023 recibimos axudas de 1.000 euros do Concello de Coirós, destinadas a aboar servizos forestais.
Agradecemos a todos estes organismos o seu apoio.