Logo da Rede Galega

Rede Galega de Entidades de Custodia do Territorio

Travesía dos Basquiños 9, baixo; 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
redegalegadecustodia@gmail.com
Tel.: 620 593 892

A custodia do territorio é unha estratexia de conservación da natureza que vincula a entidades e propietarios na xestión do patrimonio natural.

Naceu en 1890 nos EE.UU., cando o paisaxista Charles Eliot animou á cidadanía a se implicar directamente na conservación dos bosques prístinos que estaban a desaparecer totalmente por causa dunha colonización galopante, creando ó ano seguinte a primeira entidade de custodia. Dende entón, apareceron numerosas iniciativas en distintos países que demostraron o éxito desta fórmula.

As experiencias galegas pioneiras son Ridimoas, pois comezou en 1988 a mercar montes na comarca do Ribeiro de Avia, e a SGHN, que asinou en 1992 un acordo de custodia da lagoa de Sobrado dos Monxes por un período de dez anos.

A implantación da custodia do territorio

A custodia do territorio protexe no ámbito estatal 550.987 hectáreas, segundo o inventario do ano 2015. Esta tendencia crecente fixo que se contemplara na lexislación, aparecendo por primeira vez na promulgación da Ley 42/2007 del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. Nela figuran as seguintes definicións:

“Custodia del territorio: conjunto de estrategias o técnicas jurídicas a través de las cuales se implican a los propietarios y usuarios del territorio en la conservación y uso de los valores y los recursos naturales, culturales y paisajísticos.”

“Entidad de custodia del territorio: organización pública o privada, sin ánimo de lucro, que lleva a cabo iniciativas que incluyan la realización de acuerdos de custodia del territorio para la conservación del patrimonio natural y la biodiversidad.”

As entidades galegas estreitan lazos

A Rede Galega de Entidades de Custodia do Territorio naceu formalmente no ano 2015 (ver estatutos), aínda que xa viña traballando como agrupación de entidades dende tres anos antes. Ten como finalidade servir de plataforma de intercambio de experiencias, de promoción desta estratexia e como representación colectiva ante a Administración. Para sumar forzas con outras redes, forma parte do Foro Estatal de Redes y Entidades de Custodia del Territorio.

Superficie custodiada en xaneiro de 2021
Entidade Superficie (m2)
ACEFGA --
ADEGA * --
AGCT --
Betula 543.334
CMVMC de Teis * --
Fragas do Mandeo 291.820
Quercus Sonora 76.250
SGHN 656.000
Entidades non afiliadas á Rede Galega:
ANABAM 10.000
Ridimoas * --
Total: 1.577.404
* Datos non dispoñibles
Non se inclúen actuacións nos dominios públicos hidráulico e marítimo terrestre.

¿Queres colaborar coa custodia do territorio?

No caso de seres propietario dunha parcela de interese ambiental, considera formalizar un acordo cunha entidade de custodia. Podes compartir a súa xestión, cedela por un período de tempo, arrendala, vendela, doala ou deixala como legado testamentario. Deste xeito garantirás a conservación dos seus valores naturais.

Como particular, podes apoiar a custodia do territorio facéndote socio dunha entidade que a practique, contribuíndo economicamente ou participando nas súas xornadas de voluntariado ambiental.

As empresas, a través dos seus capítulos de responsabilidade social empresarial, poden ser colaboradores eficaces fomentando o voluntariado entre os seus empregados e patrocinando iniciativas.

Máis información

Para obter información detallada sobre a custodia do territorio e as distintas maneiras de practicala, consulta as páxinas web das entidades que forman parte da Rede Galega premendo nos seus logotipos.

Logo de ACEFGA Logo de ADEGA Logo da AGCT Logo de Betula Logo de Fragas do Mandeo Logo de Quercus Sonora Logo da SGHN
Rede Galega de Entidades de Custodia do Territorio
Inscrita no Rexistro Central de Asociacións co nº 2015/19368-1 e no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental co nº **** (en tramitación).
Presidente: Óscar Rivas     Vicepresidente: Fernando Bandín     Secretario: Ramsés Pérez     Tesoureira: Sandra Goded
NIF: G70478755