Hoxe estamos presentes na III Feira da Sustentabilidade da Universidade da Coruña cun punto de información no que se divulgará entre os visitantes o traballo de Fragas do Mandeo e a custodia do territorio como instrumento eficaz para a conservación da natureza.
Grazas á colaboración dun grupo de voluntarios, participamos neste encontro organizado pola Oficina de Medio Ambiente da universidade no que hai charlas, obradoiros, xogos e un mercadiño de troco.
Podes atopar máis información na web da organización.