Empeza o traballo na Espenuca

7 Xullo 2015

 
Asinar acordos de custodia significa responsabilizarse pola restauración e conservación dos hábitats que albergan as fincas. Hai dous meses aledabámonos de asinar un convenio co Concello de Coirós para custodiar varios montes de titularidade municipal, que suman 92.239 m2 de superficie, por un período de 50 anos. Agora toca traballar.

Foto dos traballos na EspenucaOnte empezamos as tarefas de restauración dun deses montes: o situado ó norte da ermida e que conta cunha superficie de 16.846 m2. Aínda que os eucaliptos xa os mandara cortar o Concello hai pouco máis dun ano, abrollaron con forza e agora son máis altos cunha persoa.

Debido ó enorme esforzo que supón a extensión do monte, o abrupto do seu relevo e o volume de ramallada que deixou o madeireiro, desbotámo-la idea de convocar ós voluntarios. Optamos por contratar, mediante financiamento externo, a profesionais especializados en traballos forestais. Pero cando rematen coa limpeza do monte, entón comezará a fase de reforestación con especies autóctonas, e será cando recorramos ó voluntariado. ¿Apúntaste?


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).