Rastrillo o día 5

1 Xullo 2015

 
O próximo domingo montaremos de novo o noso rastrillo na praza do Campo de Betanzos, ó pé das escaleiras da igrexa de Santo Domingo, para vende-los artigos doados polos nosos simpatizantes entre ás 10:00 e as 14:00 horas.

Aínda que son soamente catro horas, realmente o traballo dos voluntarios empeza moitos días antes, cando teñen que recolle-los obxectos doados, clasificalos, limpalos, reparalos, etiquetalos e embalalos. O domingo ergueranse cedo para monta-lo rastrillo e comerán tarde. Fan todo este esforzo co obxectivo de xuntar fondos para a conservación dos espazos naturais da nosa bisbarra.

Se ti tamén queres colaborar, busca na casa aquelas cousas que xa non usas (obxectos de regalo, xoguetes, bixutería, libros, etc.) e achéganolos o domingo para que atopen unha segunda utilidade.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).