Hoxe asinámo-la escritura da compra dunha parcela de 460 m2 na notaría de D. Óscar López e D. Gonzalo Freire en Betanzos.
A pequena superficie da parcela está compensada con que alberga un bosque de ribeira cualificado como hábitat prioritario (91E0* Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior). Está situada nas inmediacións doutras que xa custodiamos na zona co obxectivo de crear a micro reserva do Ollo da Roda, que con esta nova incorporación agora pasa a ter unha superficie de 24.545 m2.
As achegas dos nosos doadores permiten dar pasos ―pequenos ou grandes― para conserva-los nosos espazos naturais. ¡Anímate a sumarte a eles! Podes atopar máis información na sección Colabora ou ben consultarnos directamente (na sección Contacto atopara-los datos que precises).