O sábado 29 de xullo temos unha cita no Lambre. Invitados pola asociación A Chalana Cultural de Minho, participaremos na segunda edición da Muinhada Cultural, que se celebrará a carón da central hidroeléctrica de Goimil.
Aínda que a nosa cita é pola tarde, ás 16:30 horas, o intenso programa vaise desenvolver ó longo de toda a xornada, cunha ampla variedade de actividades.