Na lagoa de Sobrado con Hábitat

21 Xaneiro 2024

 
Esta mañá estivemos acompañando a membros do Grupo Naturalista Hábitat nunha visita á lagoa de Sobrado dos Monxes para observar aves.

Chegamos con suficiente antelación para poder face-las tarefas periódicas de mantemento, que inclúen a limpeza do observatorio ornitolóxico e a recollida de lixo nas nosas parcelas, na contorna da lagoa e no treito que apadriñamos de camiño xacobeo.

Foto dos participantesLogo, unha vez chegados os 26 participantes nesta actividade dos Encontros Naturalistas de Hábitat, puidemos explica-las tarefas de custodia que estamos realizando alí dende a constitución da nosa entidade, detallando as importantes reparacións que fixemos no observatorio o ano pasado.

A difusión dos salientables valores naturais desta lagoa resulta imprescindible para garanti-la súa conservación en estado óptimo.


Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).