Hoxe recibimos do Concello de Coirós a súa axuda anual.
O pasado sábado tivo lugar o acto no que o Concello presentou as axudas destinadas ás entidades activas no seu termo municipal. Lamentablemente, por un imprevisto, non puidemos estar presentes para expresar o noso agradecemento polo seu continuado apoio, único entre os sete concellos da bisbarra nos que actuamos.
Estas axudas teñen a importante vantaxe de que non precisan trámites tediosos, nin tampouco están ligadas a proxectos concretos, polo que podemos destinalas a aquelas necesidades de actuación que van xurdindo ó longo do ano nas parcelas que custodiamos. Isto fainas moito máis versátiles que outras subvencións.
Esperemos que no futuro logremos un recoñecemento similar por parte do resto dos concellos da bisbarra, ós que xa lles solicitamos explicitamente un apoio semellante o ano pasado, precisamente poñendo como exemplo a Coirós.