¿Quen somos?
Fragas do Mandeo está formada por un padroado e un equipo de voluntarios que manteñen viva a entidade. Uns e mailos outros aportan a súa cualificación e experiencia profesionais de xeito altruísta, dedicándolle o tempo libre que lles deixa o traballo e a familia.
Padroado
Fernando Bandín, licenciado en Informática pola Universidad Politécnica de Madrid, actualmente retirado tras exercer no sector financeiro. Naturalista e fotógrafo da natureza vocacional, é coautor do libro Fotógrafos de la naturaleza, tendo publicado as súas imaxes en diversas revistas e libros.
Antón Vázquez, licenciado en Bioloxía e Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa no ensino secundario e para unha asociación de gandeiros. Especializado en biodiversidade e espazos naturais, leva anos vinculado á conservación do medio ambiente en Galicia.
Juan Manuel Neira, enxeñeiro agrónomo pola ETSEA da Universitat de Lleida. Actualmente retirado tras exercer como profesor nun instituto de ensino secundario e anteriormente nun centro de formación profesional agraria. Ten coordinado e participado en proxectos ambientais en centros educativos.
Empresas colaboradoras
CPR Gestión é unha consultoría especializada en ofrecer servizos de apoio na xestión administrativa e financeira de empresas, incluíndo a selección e formación de persoal. Leva desinteresadamente a contabilidade e administración de Fragas do Mandeo.


















