Cartografía

¿Como orientarse nos espazos naturais?

Actualmente dispoñemos de numerosas ferramentas cartográficas que nos permiten coñecer mellor o territorio e localizar con precisión os enclaves de maior interese ambiental. A continuación mostramos as que poden serche de utilidade:

Mapa de Betanzos publicado no período 1846-1850Google Earth: A descarga deste popular programa permite navegar por un mapa fotográfico en tres dimensións.

Google Maps: Permite navegar por un mapa bidimensional, tanto de estradas coma ortofotográfico. Premendo no enlace se accede directamente á localización da comarca de As Mariñas.

SIGPAC estatal: O Sistema de Información Geográfica de Parcelas Agrícolas, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, permite navegar por un mapa en dúas dimensións. A partir da escala 1:25.000, ofrece as opcións de mapa topográfico, ortofotográfico ou a fusión de ambos. Tamén facilita capas para visualiza-los límites dos espazos naturais protexidos, e incluso os lindes das parcelas.

SIXPAC Galicia: Servizo similar ó SIGPAC, facilitado pola Xunta de Galicia.

CDIX Galicia: O Centro de Descargas de Información Xeográfica da Xunta de Galicia permite descargar mapas a escala 1:5.000 (topográficos, usos do solo e pendentes) e ortofotografías (actuais e do ano 1956).

Catastro en Google Earth: Esta ferramenta permite visualiza-la información catastral das parcelas sobre os mapas tridimensionais de Google Earth, proporcionada polo Ministerio de Economía y Hacienda.

Mapa de Betanzos realizado en 1916SITEB: O Sistema de Información Territorial da Biodiversidade, da Xunta de Galicia, permite visualizar mediante capas a información dispoñible sobre hábitats, vexetación, xeoloxía, clima, hidrografía, espazos protexidos, etc. Para poder acceder ós contidos é preciso rexistrarse previamente.

Betanzos-Mandeo: Mapas a escala 1:20.000 en formato PDF do espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo, proporcionados pola Xunta de Galicia.

Encoro de Cecebre: Mapas a escala 1:20.000 en formato PDF do espazo natural protexido ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre, proporcionados pola Xunta de Galicia.

Costa de Dexo: Mapa a escala 1:20.000 en formato PDF do espazo natural protexido Monumento Natural Costa de Dexo, proporcionado pola Xunta de Galicia.

Mapa de humidais: Mapa a escala 1:280.000 dos humidais da provincia de A Coruña, segundo os resultados do Inventario dos Humidais de Galicia, proporcionado polo Sistema de Información Ambiental de Galicia (SIAM) da Xunta de Galicia.

Mapa dos solos de Galicia: Follas topográficas a escala 1:50.000 coa información xeolóxica, proporcionados polo SIAM, da Xunta de Galicia. Descargables en formato PDF, van acompañados do esquema xeolóxico e hipsométrico, as clases de pendentes, os usos do suelo e o balance hídrico.

Ortofotografía de Betanzos tomada no ano 1956

Ortofotografía de Betanzos: Nesta foto aérea tomada no ano 1956 pode verse a vila de Betanzos, a marisma da ría até Miodelo e os cursos baixos dos ríos Mandeo e Mendo. Nesa data xa fora desviado o Mandeo con motivo da construción da estación de ferrocarril, pero aínda se conservaba parte dos xuncais e carrizais do Carregal. É moi interesante comparalo coa situación actual visitando Google Maps (apertura no mesmo punto xeográfico).

Data publicación: 6-10-2010
Última modificación: 3-5-2018
>> Páxina seguinte: Estudos e bibliografía

Uso de cookies: Este sitio web emprega cookies para mellora-la experiencia de usuario. Se continúa navegando consente a aceptación de ditas cookies e acepta a nosa política de cookies (se pincha no enlace obterá máis información).