How to find your way in the natural areas?
Sorry, this page isn’t translated yet! Fragas do Mandeo volunteers are working in their free time to have it as soon as possible. We offer you the Galician version instead.
Actualmente dispoñemos de numerosas ferramentas cartográficas que nos permiten coñecer mellor o territorio e localizar con precisión os enclaves de maior interese ambiental. A continuación mostramos as que poden serche de utilidade:
Google Earth: A descarga deste popular programa permite navegar por un mapa fotográfico en tres dimensións.
Google Maps: Permite navegar por un mapa bidimensional, tanto de estradas coma ortofotográfico. Premendo no enlace se accede directamente á localización da comarca de As Mariñas.
SIGPAC estatal: O Sistema de Información Geográfica de Parcelas Agrícolas, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, permite navegar por un mapa en dúas dimensións. A partir da escala 1:25.000, ofrece as opcións de mapa topográfico, ortofotográfico ou a fusión de ambos. Tamén facilita capas para visualiza-los límites dos espazos naturais protexidos, e incluso os lindes das parcelas.
SIXPAC Galicia: Servizo similar ó SIGPAC, facilitado pola Xunta de Galicia.
CDIX Galicia: O Centro de Descargas de Información Xeográfica da Xunta de Galicia permite descargar mapas a escala 1:5.000 (topográficos, usos do solo e pendentes) e ortofotografías (actuais e do ano 1956).
Catastro en Google Earth: Esta ferramenta permite visualiza-la información catastral das parcelas sobre os mapas tridimensionais de Google Earth, proporcionada polo Ministerio de Economía y Hacienda.
SITEB: O Sistema de Información Territorial da Biodiversidade, da Xunta de Galicia, permite visualizar mediante capas a información dispoñible sobre hábitats, vexetación, xeoloxía, clima, hidrografía, espazos protexidos, etc. Para poder acceder ós contidos é preciso rexistrarse previamente.
Betanzos-Mandeo: Mapas a escala 1:20.000 en formato PDF do espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo, proporcionados pola Xunta de Galicia.
Encoro de Cecebre: Mapas a escala 1:20.000 en formato PDF do espazo natural protexido ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre, proporcionados pola Xunta de Galicia.
Costa de Dexo: Mapa a escala 1:20.000 en formato PDF do espazo natural protexido Monumento Natural Costa de Dexo, proporcionado pola Xunta de Galicia.
Mapa de humidais: Mapa a escala 1:280.000 dos humidais da provincia de A Coruña, segundo os resultados do Inventario dos Humidais de Galicia, proporcionado polo Sistema de Información Ambiental de Galicia (SIAM) da Xunta de Galicia.
Mapa dos solos de Galicia: Follas topográficas a escala 1:50.000 coa información xeolóxica, proporcionados polo SIAM, da Xunta de Galicia. Descargables en formato PDF, van acompañados do esquema xeolóxico e hipsométrico, as clases de pendentes, os usos do suelo e o balance hídrico.
Ortofotografía de Betanzos: Nesta foto aérea tomada no ano 1956 pode verse a vila de Betanzos, a marisma da ría até Miodelo e os cursos baixos dos ríos Mandeo e Mendo. Nesa data xa fora desviado o Mandeo con motivo da construción da estación de ferrocarril, pero aínda se conservaba parte dos xuncais e carrizais do Carregal. É moi interesante comparalo coa situación actual visitando Google Maps (apertura no mesmo punto xeográfico).