O ano que remata foi declarado por Nacións Unidas como o Ano Internacional da Biodiversidade, co obxectivo de animar ás organizacións, institucións, empresas e individuos a realizar accións directas para frear a perda constante de biodiversidade que se está a producir en todo o planeta.
Nacións Unidas ven de declarar o 2011 Ano Internacional dos Bosques. O propósito, neste caso, é centrar a atención na xestión sostible dos bosques, na súa conservación e no desenvolvemento sostible en todo tipo de bosques que existen no planeta.
A conservación da biodiversidade e a protección dos bosques están intimamente ligadas. Os primeiros pasos de Fragas do Mandeo, a cabalo dos anos 2010 e 2011, van nesa liña. Se pensamos globalmente e queremos actuar localmente, temos que avanzar na custodia dos espazos naturais da nosa bisbarra, das fragas e dos ríos, da costa e do mar. Deste xeito preservaremos os hábitats e a biodiversidade para as xeracións presentes e as futuras.
Feliz noitevella e próspero ano novo.
O Diario Oficial de Galicia de hoxe, día 24 de novembro, publica a
A edición coruñesa do diario La Opinión publica hoxe unha reportaxe acerca de Fragas do Mandeo, froito dunha entrevista telefónica realizada hai días.
Hoxe publicamos a segunda versión, tres meses despois da primeira. A súa principal novidade é o soporte de varios idiomas. Cando un usuario accede á web atopará a versión en galego, pero poderá escoller outro idioma. Tódolos contidos están xa traducidos ó castelán. As traducións ó inglés e alemán irán sendo incorporadas segundo vaian rematándoas os voluntarios encargados delas.
Recibiu o nome de Dona, que en galego, aparte do tratamento de respecto, é o termo para referirse a seres fantásticos femininos. Segundo ás crenzas populares, as donas eran mulleres fermosas e boas, dotadas de poderes máxicos, que habitaban as mámoas, penedos, fontes, castros e ruínas. En lingua celta significaba “valente condutora do seu pobo”. Por último, en castelán é o que propoñemos a tódolos colaborares de Fragas do Mandeo para avanzar na protección dos nosos espazos naturais.
Leo Antelo, presidente da asociación anfitriona, presentou ós membros do padroado. Trala lectura pola nosa parte dunhas palabras nas que se expresaba a necesidade e conveniencia dunha entidade de custodia local, deuse paso ás preguntas dos asistentes e a amosa-los avances na elaboración da nova versión da web.
Tras máis de vinte propostas, no deseño final optouse por dous símbolos da vida nas ribeiras dos ríos: un cabaliño do diaño pousado na folla dun ameneiro. Esta árbore é unha das máis frecuentes nos nosos ríos, compoñendo a base dun hábitat prioritario. Actualmente está a pasar malos tempos por culpa dunha enfermidade causada por un fungo. 


















